Entradas coa etiqueta ‘Porto’

Vigo merece unha xestión portuaria seria

Mércores, Abril 27th, 2011

Co comezo da campaña electoral, remata o mandato de Corina Porro á fronte da Autoridade Portuaria. Unha vez descontados os fogos de artificio, os “tinglados”, as subvencións a entidades deportivas e culturais… este mandato queda revelado como un fracaso en termos de tráfico portuario. Como denunciamos hoxe a compañeira Olaia Fernández Davila e mais eu, nos últimos dous anos, os tráficos de mercadorías xerais descenderon en medio millón de toneladas.

Descendeu, por exemplo, en 60.000 toneladas o tráfico de froita do Porto de Vigo. Mentres a presidenta da Autoridade Portuaria e actual candidata do Partido Popular á alcaldía se preocupaba por diversos asuntos, entre eles o de pelexarse coa administración municipal, esqueceu negociar a renovación do acordo coa empresa concesionaria da terminal de froita. Debemos ser conscientes de que o Porto non vive só de cruceiros e transatlánticos, senón que o seu principal interese é comercial, como punto clave no transporte de mercadorías. E nestes momentos, atopámonos con que mesmo os graniteiros do Porriño teñen que buscar outros embarcadoiros porque teñen problemas no Porto vigués.

O Porto é unha institución estratéxica para o futuro da cidade e por iso consideramos que non se pode perder máis tempo en planificar acaídamente o seu futuro. (máis…)

Compárteo:
  • Facebook
  • Twitter
  • Chuza
  • Meneame

Defendendo os nosos intereses en Bruxelas

Venres, Abril 1st, 2011

Representantes de Escocia, Gales, Cataluña, Córsega e Euskadi participaron este xoves 30 nas xornadas da Alianza Libre Europea sobre fondos de cohesión. Viaxei até o Parlamento Europeo en Bruxelas, convidado por Ana Miranda, futura eurodeputada do BNG para  intercambiar e compartir experiencias de xestión, en calidade de tenente alcalde de Vigo. Son dos que pensa que iniciativas como a ALE (partido europeo formado por distintas organizacións nacionalistas ou representantes de minorías nacionais de toda Europa) nos deben servir para coñecer o que se fai noutras latitudes -por exemplo, no goberno en solitario do SNP en Escocia- e tamén para dar a coñecer a nosa acción de goberno nas institucións galegas.

Na miña intervención, baixo o título: “Vigo, o caso dunha cidade da periferia atlántica de Europa”, mencionei a importancia de que se manteñan os fondos de cohesión para territorios como Galiza e a área de Vigo, fondos que non son un agasallo de Alemaña senón que se instituíron para compensar os desequilibrios causados pola integración europea. Estou convencido de que Vigo é o vínculo decisivo entre Galiza e o Norte de Portugal e que isto debe ser un argumento para esixir un trato especial por parte das institucións comunitarias debido á súa consideración de cidade fronteiriza e portuaria.

Lembrei aos asistentes que o sector pesqueiro está pagando hoxe as consecuencias dunha política pesqueira común que discrimina a nosa frota pesqueira (máis…)

Compárteo:
  • Facebook
  • Twitter
  • Chuza
  • Meneame

Porto e Concello deben chegar a acordos

Venres, Marzo 4th, 2011

Unha vez máis, as liortas entre porto e concello de Vigo protagonizan o debate político na nosa cidade. Esta vez, a raíz do precintamento das naves de froita por parte do Concello, seguido da querela do Partido Popular. Vaia por diante que sempre defendín que o Porto de Vigo conte cun plano de usos, unha demanda constante do BNG para evitar (ou atenuar, polo menos) novas agresións á Ría de Vigo.

É preciso que Concello e Porto se poñan de acordo para deseñar estratexias de futuro nestes tempos de crise, e sobre todo para poñelas en práctica. Para iso, sería interesante que a Autoridade Portuaria fose dirixida por cargos de perfil técnico que non empregasen esta institución como trampolín electoral, tal e como está a facer agora a señora Porro e tal e como fixeron anteriormente outros representantes do PSOE e do PP.

O Porto estivo a empregarse como plataforma electoral durante os últimos quince anos e o Plano de Usos do Porto segue sen aparecer. Tanto o PSOE como o PP carecen de credibilidade neste debate, e agora cometen a irresponsabilidade de xudicializar a vida política, como se os tribunais fosen quen de resolver o que lles compete a eles. (máis…)

Compárteo:
  • Facebook
  • Twitter
  • Chuza
  • Meneame

Unir e non dividir

Luns, Marzo 1st, 2010

Moito se está a falar ultimamente de quen defende a Vigo e quen non, dependendo da posición que teña diante de determinadas cuestións que atinxen á cidade. A min ese discurso paréceme baleiro de contido. Penso sinceiramente que calquera vigués ou viguesa, e mesmo os que non o son pero elixiron a nosa cidade para vivir, quere o mellor para a súa cidade.

 

Para min, como representante da cidadanía, defender Vigo é algo máis. É xerar consensos, é acadar acordos, é unir e non dividir, é fuxir da confrontación, é sumar e non restar, é conciliar posturas, é xuntar esforzos… En definitiva, é pensar primeiro no que é mellor para a cidade, por riba dos intereses partidistas.

 

Nos últimos tempos temos no Porto o mellor exemplo do que non hai que facer para defender Vigo. O espectáculo ao que estamos asistindo nas últimas semanas entre a Autoridade Portuaria e o Concello non é bo para a cidade. Os vigueses e viguesas están fartos destas liortas. Non entenden como é posible que a disputa presida a relación entre as dúas administracións.

 

O certo é que a confrontación á que estamos asistindo non é casual. É o resultado da utilización partidista que nos últimos anos tanto Partido Popular como PSOE veñen facendo do Porto. Son os seus intereses políticos os que marcan a xestión dunha institución que, polo ben de Vigo, debería estar sempre á marxe de calquera movemento político.

 

No BNG vimos denunciando reiteradamente que a entidade portuaria non é un trampolín político. Non pode moverse ao son que marca o partido de turno que o dirixe. É un dos piares fundamentais da puxanza económica da nosa cidade e non pode continuar sendo unha arma arroxadiza con fins unicamente electorais. Se PP e PSOE din defender Vigo o que terían que facer é deixar á marxe ao Porto da contenda electoral e abrir canles de diálogo que permitan unir e non dividir.

 

O que realmente precisa o Porto é unha xestión eficaz, que resolva o seu futuro. O BNG teno claro. Para iniciar un novo rumbo o que debería facer a presidenta da Autoridade Portuaria é presentar, dunha vez, o Plan de Utilización de Espazos Portuarios e deixarse de iniciar actuacións que non contan coa cobertura legal suficiente.

Compárteo:
  • Facebook
  • Twitter
  • Chuza
  • Meneame

O tempo da a razón ao BNG

Martes, Abril 14th, 2009

O tempo da e quita razóns. Este dito popular cobra forza estes días tras a presentación do Plan de Utilización de Espazos Portuarios, un documento que desde o BNG reclamamos insistentemente como paso previo á calquera actuación portuaria. O simple feito de que, por fin, exista ese plan é xa unha victoria dos nacionalistas, que durante moito tempo estivemos sos como formación política nesa reivindicación e fomos, por elo, o foco de críticas e acusacións que hoxe se demostran inxustas.

Pero non só a presentación do documento é unha boa nova para nós, tamén as súas conclusións son benvidas porque abren o camiño para que se poida chegar a un consenso sobre como debe ser o futuro do noso Porto. O primeiro que podemos constatar é que o plan di que é posible o desenvolvemento portuario co respecto medioambiental pola nosa ría. Desde o BNG puxemos sempre como condición que calquera actuación tiña que ser compatible coa ría. Esa posición que defendimos non foi sempre entendida, pero hoxe se demostra que, como dicía ao inicio, o tempo da e quita razóns. É posible que o Porto creza, algo do que nunca estivemos encontra, pero ese crecemento pode facerse sen acometer recheos puros e duros, racionalizando primeiro os espazos e buscando solucións que non danan a ría.

O Plan de Usos non só elimina recheos anteriormente propostos, senon que recolle alternativas totalmente compatibles co medio ambiente para cada unhas das ampliacións que se consideran necesarias. Nós imos velar porque cando haxa que optar por unha ou outra solución non sexa o criterio económico o que prime, senon o medioambiental. Pero ademais diso, cada unhas das actuacións terá que pasar previamente un informe medioambiental, cuestión esta que cando a reclamaba o BNG hai anos era calificada como un despropósito e que hoxe xa non se cuestiona.

Este documento é, en definitiva, un bo punto de partida para que o Porto de Vigo poda seguir sendo competitivo e desenvolver as súas infraestruturas para mellorar os seus servizos. Estamos moi satisfeitos de que finalmente se entenderan as nosas razóns e se asuman como puntos de partida para facer compatible o crecemento do Porto co noso gran tesouro, a Ría. O tempo da e quita razóns, e neste caso doulla ao BNG.

 

Compárteo:
  • Facebook
  • Twitter
  • Chuza
  • Meneame