As medidas anti sociais de ZP-PP
Xoves, Maio 27th, 2010Redución dun cinco por cento do salario dos funcionarios e funcionarias, conxelación das pensións contributivas, eliminación da retroactividade nas axudas da Lei de Dependencia ou supresión do cheque-bebé. Son medidas que nada nos sorprenderían se quen as implanta é un goberno de dereitas co falso pretexto de facer fronte as consecuencias da crise económica que estamos atravesando. Xa estamos afeitos ás políticas anti sociais do Partido Popular e lamentablemente, con cada paso que da na súa xestión, o Goberno da Xunta de Galiza non deixa que o esquezamos.
O que non entra dentro da lóxica é que un goberno que se di de esquerdas, como é o que preside o socialista José Luis Rodríguez Zapatero, asuma o ideario da dereita e nestes momentos de dificultade basee a súa política económica nun paquete de medidas que supoñen importantes recortes sociais e merman o poder adquisitivo das capas sociais que máis fondamente están sentido os efectos da crise. (máis…)



