Un tren de futuro para Vigo
Xoves, Febreiro 17th, 2011“Viajeros al tren, gallegos también”. Iso dicían os xefes de estación do outro lado do Padornelo hai xa algún tempo. E neste caso, ademais do desprezo que moitos dos nosos emigrantes sufrían cando tiñan que coller a maleta para gañarse a vida fóra do país, Galiza ten sufrido historicamente un importante atraso no relativo ás infraestruturas de transporte, un atraso que está lonxe de ser resolvido.
O pasado martes asistín, na miña condición de tenente alcalde, á presentación do proxecto da futura estación do AVE. Sen ter en conta outras consideracións, o edificio deseñado polo arquitecto Tom Mayne será positivo, e desde logo, un punto referencial da nosa cidade. No entanto, debemos ter presentes outras cuestións. O que os vigueses e viguesas queren saber non é como vai ser o edificio da estación, senón cando vai estar rematada a conexión de Alta Velocidade co Eixo Atlántico e coa Meseta. As obras do Eixo Atlántico, que están rematadas entre Santiago e A Coruña, veñen sufrindo unha parada inexplicable. E a conexión directa de Vigo coa Meseta (a xa famosa variante de Cerdedo) vén de aprazarse indefinidamente.
Para a nosa cidade será vital rematar o Eixo Atlántico, que conectará Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Santiago e A Coruña en menos tempo do que leva hoxe desprazarse en coche pola autoestrada do Atlántico, e ademais dun modo máis seguro e ecolóxico. Porén, non chega con iso. (máis…)



