A iniciativa da fundación Menela no Día Mundial do Autismo
Xoves, Abril 7th, 2011Unha das cousas máis fermosas neste mundo é ver o sorriso dun neno ou dunha nena. Algo que, a priori, podemos atopar nas rúas da nosa cidade, cando chegamos a casa desde os nosos traballos. Pensamos que é algo normal, e que xurde de xeito máxico por cada recanto da cidade. Con todo, a realidade é moi distinta, tal e como distintos son os sorrisos. Moitos pais e nais traballan diariamente para o sorriso dos seus fillos, especialmente os que teñen fillos con algún tipo de discapacidade.
O pasado 2 de abril, Día Mundial do Autismo, a Fundación Menela celebrou coa apertura dunha aula multisensorial para nenos e nenas con trastornos do espectro autista. Tiven a oportunidade de acompañar a miña compañeira de corporación Iolanda Veloso. E debo dicir que foi emocionante ver como hai persoas que están comprometidas en facer a vida máis fácil para quen o precisa. Algo humano e simbólico. Esta instalación será coñecida como “Snoezelen”, unha instalación que servirá para estimular o olfacto, visión, audición e tacto para estes nenos que tamén teñen dereito a sorrir.
Desde o BNG de Vigo sempre apoiamos esas iniciativas, que complementan a sanidade pública, xa que esta por desgraza non sempre pode atender suficientemente moitas queixas de nais e pais preocupados polos seus fillos; ante as dúbidas sobre se as súas crianzas padecen (ou non padecen) autismo. (máis…)



