Xapón e o debate nuclear
Xoves, Marzo 17th, 2011Os homes (e as mulleres) teñen demostrado ao longo da historia terse comportado como a especie elixida para dominar o mundo. Pero hai un factor externo a nós que non podemos controlar, nin através da ciencia, nin através da política: a natureza. E a natureza é capaz de rematar coa terra que pisamos.
Como todos e todas sabedes, Xapón sufriu o pasado venres as consecuencias do que algúns chamaron “enfado da natureza”. O tsunami máis brutal dos últimos 140 anos arrasou con todo o que se atopou no camiño. Producíronse milleiros de vítimas e todo Xapón (e as nacións veciñas) está tremendo polas consecuencias dos escapes radioactivos da central nuclear de Fukushima. Isto abre de novo o debate sobre a enerxía nuclear. En primeiro lugar, temos que expresar a nosa solidariedade coa xente que está vivindo en primeira persoa as consecuencias da catástrofe, tanto do tsunami como da ameaza nuclear; por non falar das consecuencias secundarias, como o desabastecemento eléctrico que xa afecta a Tokio, unha das cidades máis grandes do mundo.
A Organización Mundial da Saúde pide prudencia, e o certo é que as autoridades xaponesas están a facer o que poden, pero o risco é terrible: nestes momentos hai perigo de fusión dos reactores 1, 2 e 3 da central. E que facermos a partir de agora? Desde logo que o acontecido pon de novo sobre a mesa o debate nuclear. E nese sentido, non por oportunismo, senón por coherencia, é preciso lembrar a oposición do BNG á enerxía nuclear. (máis…)



