Unir e non dividir

Moito se está a falar ultimamente de quen defende a Vigo e quen non, dependendo da posición que teña diante de determinadas cuestións que atinxen á cidade. A min ese discurso paréceme baleiro de contido. Penso sinceiramente que calquera vigués ou viguesa, e mesmo os que non o son pero elixiron a nosa cidade para vivir, quere o mellor para a súa cidade.

 

Para min, como representante da cidadanía, defender Vigo é algo máis. É xerar consensos, é acadar acordos, é unir e non dividir, é fuxir da confrontación, é sumar e non restar, é conciliar posturas, é xuntar esforzos… En definitiva, é pensar primeiro no que é mellor para a cidade, por riba dos intereses partidistas.

 

Nos últimos tempos temos no Porto o mellor exemplo do que non hai que facer para defender Vigo. O espectáculo ao que estamos asistindo nas últimas semanas entre a Autoridade Portuaria e o Concello non é bo para a cidade. Os vigueses e viguesas están fartos destas liortas. Non entenden como é posible que a disputa presida a relación entre as dúas administracións.

 

O certo é que a confrontación á que estamos asistindo non é casual. É o resultado da utilización partidista que nos últimos anos tanto Partido Popular como PSOE veñen facendo do Porto. Son os seus intereses políticos os que marcan a xestión dunha institución que, polo ben de Vigo, debería estar sempre á marxe de calquera movemento político.

 

No BNG vimos denunciando reiteradamente que a entidade portuaria non é un trampolín político. Non pode moverse ao son que marca o partido de turno que o dirixe. É un dos piares fundamentais da puxanza económica da nosa cidade e non pode continuar sendo unha arma arroxadiza con fins unicamente electorais. Se PP e PSOE din defender Vigo o que terían que facer é deixar á marxe ao Porto da contenda electoral e abrir canles de diálogo que permitan unir e non dividir.

 

O que realmente precisa o Porto é unha xestión eficaz, que resolva o seu futuro. O BNG teno claro. Para iniciar un novo rumbo o que debería facer a presidenta da Autoridade Portuaria é presentar, dunha vez, o Plan de Utilización de Espazos Portuarios e deixarse de iniciar actuacións que non contan coa cobertura legal suficiente.

Etiquetas: , , , , , , ,

2 Respostas a “Unir e non dividir”

  1. Toro comentou:

    Dos cosas… 1. Me gusta esa idea de unir y no dividir
    2. Como estudiante gallego que soy:

    -¿Por qué quiere hacerme estudiar en gallego si no sirve para nada?
    -Para comunicarnos con nuestros vecinos portugueses
    -Para eso aprendo portugués ¿no?
    -…
    -Las posibilidades de que me quede en Galicia son casi nulas en comparación con que me valla
    -Pero es nuestra cultura y nuestro pasado
    -Estoy harto de estudiar a gente que no ha conseguido nada más de hacerme esudiar de más sobre sus vidas dedicadas a un idioma… vidas vacías con una sola ilusión crear de Galicia un país que ni siquiera será aceptado en la Unión Europea .
    -Aún así es importante
    -¿Para qué?
    -

    El último guión está en blanco para que lo rellene usted

    ———-

    RESPOSTA

    Aprezado Toro:

    Creo que o punto de partida da túa reflexión está errado. O galego sirve para moito e vouche dicir porque. Primeiro porque como ti ben dis es galego e polo tanto debes coñecer unha lingua que é oficial en Galiza. O galego é moito máis cun vehículo de comunicación, é un dos nosos sinais de identidade e da nosa cultura.
    Seguramente ao longo da túa traxectoria como estudante terás a obriga de aprender moitísimos coñecementos que posiblemente no futuro non van ter para ti aplicación práctica ningunha. Non sei si en todos os casos empregarás os mesmos argumentos que utilizas para rexeitar o galego e minusvalorar a súa importancia. Se a única xustificación que tes é que non vai ter para ti utilidade, seguramente reducirías a tres ou catro asignaturas as que, segundo o teu criterio, deberías estudar. Se por exemplo ti pensas adicarte no futuro a Medicina, entendo que tampouco lle verás utilidade a estudar literatura, coñecer as principais obras de Cervantes e a súa vida, ou a aprender a debuxar figuras xeométricas dentro dun círculo, ou a facer ximnasia, por poñer só uns exemplos.
    Reducir a importancia das cousas a súa utilidade é moi simple. Na formación dunha persoa é básica a adquisición de coñecementos para o seu enriquecemento persoal. Pero ademáis, nós, como galegos temos o dereito e o deber de coñecer a nosa lingua. E para rematar, volto ao principio do teu comentario, porque nel penso que está a clave. Aprender galego une e non divide.

    Unha aperta.

  2. Hugo comentou:

    O BNG de Vigo É o BNG de VIGO. Non o BNG de Galicia. Se os vigueses os votamos foi para que defendades a VIGO, para defender a Galicia xa está o BNG no Parlamento Galego. Vos sodes de Vigo e tedes que defender a Vigo. Unha Caixa viguesa con sede en Vigo é punto.

    Fdo: Un ex-votante.

    —–

    RESPOSTA

    Aprezado Hugo:

    Como xa teño dito en resposta a outros comentarios, no tema da fusión das caixas eu defendo o que considero que é mellor para Vigo. O BNG nesta cuestión actúa coherentemente e non por interese partidista. Sinceiramente creo que é mellor para Vigo que teñamos unha caixa galega que teña a súas prioridades aquí, que non unha caixa aliada con entidades de fóra que tería que atender os intereses doutras zonas do Estado. A min tamén me gustaría que Caixanova continuara soa e en Vigo, pero iso non é posible, porque a lexislación que fixo o PSOE obriga a que as caixas que non teñen 50.000 millónes de euros en activos non poden seguir soas. Caixanova non chega a esa cifra e polo tanto ten que buscar alianzas con outras caixas. Por iso eu defendo unha fusión das dúas caixas galegas, porque é o único xeito de garantir que seguiremos contando cunha caixa que prime os intereses de Vigo e de Galiza por riba do todo.

    Un saúdo.

Deixa o teu comentario


Pechar
E-mail It