O PP discrimina a Vigo
A volta do Partido Popular ao goberno da Xunta de Galiza está evidenciando xa nestes primeiros meses que sufrimos un regreso ao pasado. Como se un deja vu se tratase estamos de novo vivindo na era Fraga. Privatización de servizos públicos, retroceso nas políticas sociais, desprezo pola nosa lingua e desproteción dos nosos sectores produtivos son as liñas mestras que marcan a xestión do PP, baixo o falso manto da austeridade.
Vigo é un bo exemplo da volta atrás que se está a producir. A cidade está sentindo fondamente as primeiras medidas do PP e, ao igual que durante os 16 anos de goberno Fraga, está a ser discriminada en canto a investimentos. A mellor proba é a análise dos orzamentos da Xunta para 2010. Nas partidas que corresponden á nosa cidade existe un descenso dun 36% respecto aos que deixou a o Goberno bipartito. Na primeira oportunidade que Núñez Feijóo tiña como presidente da Xunta de amosar a súa aposta pola cidade que é o motor económico de Galiza, como se comprometeu na campaña electoral, o que fixo foi castigar a Vigo.
Sendo alarmante a baixada dos investimentos previstos para o vindeiro ano, non é iso o peor. É aínda máis grave o feito de que proxectos postos en marcha ou comprometidos pola anterior Xunta están paralizados, esquecidos ou transformados para afondar na política privatizadora do PP. Non queren abrir a Gota de Leite como centro de emerxencia para xente sen teito, van privatizar o novo hospital e tamén os centros de día, néganse a asumir a reforma das pistas de atletismo, non consideran interesantes proxectos como o funicular do Casco Vello… En fin, que o Goberno do Partido Popular en Vigo nin está, nin contamos que apareza.
Etiquetas: Discriminación, orzamentos, Partido Popular, privatización, servizos públicos, Vigo, Xunta

13 de Febreiro do 2010 ás 2:50 pm
Lémbrome hai uns anos, que entrevistando na tv española a unha siareira do Celta comentaba , ante o partido que ían disputar o Barcelona contra o Deportivo, “eu son do Madrid e antibarcelonista pero moito mais anticoruñesista , así que millor que gañe o Barça”.
O localismo ven sendo ás cidades galegas o que o minifundismo ao campo galego. Esta máxima real, emprobrece a esta terra xa que ven sendo o que domina no campo e nas cidades desta Galiza,
Loitar contra esta lacra de odios debería ser unha tarefa primordial dos alcaldes e concelleiros de toda Galiza. Son conscente que acarreará perda de votos pero de seguir asi , imos chegar a unha especie de cidades-estados como acontecía na Edade Meia.
Que alguen non queira entender que a fusión no vai contra Vigo senón todo o contrario , e que é o unico xeito de que non vaia para Madrid pódese entender como ese sentimento da siareira do celta , e dicir , que moitos vigueses son antimadrileños pero moito mais anticoruñeses e antigalegos.
No me creo que alguén loite contra a fusión pensando que vai ficar intacta como está si permanece soa. Non me creo que alguén sexa estúpido para non entender que Caballero só busca réditos políticos e non económicos para Vigo e Galiza.
Con respecto aos investimentos na cidade de Vigo estou totalmente dacordo e penso que se deberían cambear esas táboas de medir para todolos investimentos . Non podo entender que un ministro poda facer mais por un lugar que outro . Non podo entender que unha persoa , sexa ministro ou presidente, poda decidir ónde inviste os cartos que tén. como non podo entender que un conselleiro ou presidente da Xunta faga o mesmo. ¿ que parámetros segue para facelo? ,¿ Amizade?, ¿ Intereses políticos?, ¿ Si ti me das eu te voto?,
As decisións están tomadas por persoas , algúns chamados técnicos, pero a decisión tería que estar tomada por parametros de xustiza , favorecendo como sería xusto aos mais necesitados , no noso caso aos concellos do interior da Galiza.
———
RESPOSTA
Aprezado Xosé:
Comparto as túas reflexións. Rexeito totalmente eses sentimentos de localismos excluíntes, que xeran enfrontamentos sen sentido. Debemos traballar para acabar con esas actitudes que lonxe de beneficiar, o que fan é debilitar a nosa posición como cidade. Vigo é unha peza fundamental para Galiza por ser o seu motor económico e industrial, por iso precisamente o que é bo para Galiza tamén o é para Vigo. E se de algo non cabe dúbida é de que o mellor para Vigo e para Galiza é que teñamos unha caixa galega forte e ao servizo dos intereses do noso país. Debemos fuxir dos posicionamentos que só buscan acadar réditos políticos e defender xuntos o que é mellor para a nosa cidade e para Galiza.
Unha aperta.
29 de Xaneiro do 2010 ás 8:05 pm
Moitos vigueses estan a crer que con Caixanova e Caixagalicia estamos xogando un partido do Celta-Coruña.
Por suposto, os de Vigo odian “aos turcos”. Eu non teño nin a mais mínima idea do sistema financeiro municipal, nacional ou global, pero velaí, que todos saben de economia e non queren xuntarse cos “turcos”.
Eu penso que estaremos mellor cunha caixa galega, a que lle podemos pedir contas,
e non con outra con sede en Madrid ou Badalona. (tipo Fenosa).
En Vigo temos oficinas de Caixagalicia e na Coruña teñen de Caixanova, e ninguén bota as mans a cabeza por que un vigues teña os seus aforros en Caixagalicia ou viceversa. A que ven entón tanto follón?.
———
RESPOSTA
Aprezado Isaac:
Fas unha reflexión moi acertada. Nesta cuestión estamonos xogando moito e non podemos limitar o debate a un enfrentamento norte-sur. Ó que realmente está en xogo é a capacidade de Galiza para ter un sistema financieiro que resposte ás necesidade do país, do seu tecido empresarial, dos sectores produtivos, dos pequenos e medianos comerciantes e, por supostos, dos aforradores e aforradoras das que se nutren.
Como ben dis en Vigo conviven Caixanova e Caixa Galicia desde hai anos. Hai unha parte da cidadanía que é cliente de Caixanova e outros de Caixa Galicia. Caixanova fai obra social en Vigo, pero tamén en Coruña, en Santiago ou en Ourense, e Caixa Galicia tamén fai obra social en Vigo, aí temos a reforma do cine Fraga. En definitiva, ata agora ás dúas entidades conviviron sen problemas e, polo tanto, querer abrir un cisma norte-sur como se pretende desde os que se opoñen á fusión é un grave erro. Coa súa posición están favorecendo que máis cedo que tarde tanto Caixanova como Caixa Galicia acaben sendo absorvidas por entidades de fóra e Galiza perda o seu poder de decisión.
Nós estamos a desenvolver unha campaña de información, reuníndonos con colectivos de diferentes ámbitos, porque cremos que realmente está faltando explicación. É paradóxico ver como canto máis información recibe a xente mellor comprenden que este enfrontamento que se está xerando é absolutamente artificial.
Grazas polo teu comentario. Unha aperta.
7 de Xaneiro do 2010 ás 3:10 pm
QUEREMOS Y DEBEMOS
Ante la grave situación creada por el actual Presidente de la Xunta de Galicia D. Alberto Núñez Feijoo junto con sus colaboradores de lo que hemos coincidido en denominar el Lobby coruñés, y como respuesta al incalificable intento de agresión sin precedentes en la historia de la democracia española hacia la ciudad mas castigada y peor tratada de Galicia con el objetivo de sacrificar a CAIXANOVA por el bien de “Galicia del norte”, ASIVIGO quiere y debe hacer saber, tanto a los responsables de tales actos, como a la ciudadanía de Vigo en particular y a la del Sur de Galicia en general, su postura ante el incalificable acoso que hoy sufre nuestra ciudad, así como ante de la interminable lista de insultos y descalificaciones que por parte de la mayoría de las instituciones regionales, venimos siendo objeto, con el consiguiente empeoramiento de la imagen de nuestra ciudad de Vigo.
*
Queremos y debemos transmitir a nuestro Alcalde, con independencia de nuestros variados pensamientos e ideologías, el total y absoluto apoyo sin fisuras, para que desde su posición siga anteponiendo los interese de su Ciudad a los de su partido.
*
Agradecemos de corazón tanto al consejo de Administración de Caixanova como a su presiente D. Julio Fernández Gayoso su posición de valentía, honor y lealtad defendiendo a todo el sur de Galicia y a los intereses de sus castigados habitantes, agradecimiento, que hacemos extensivo a Empresarios, club Financiero, Cámara de Comercio y a todas las personas de bien que están dispuestas a defender lo que es de justicia.
*
Reclamamos el derecho a que nuestros hijos puedan tener un futuro en su ciudad y su entorno cerca de los suyos, ya sea en Vigo, Pontevedra u Ourense, sin tener que emigrar hacia el Norte de Galicia.
*
De acuerdo con las atribuciones que la Ley Básica de Las Cajas de Ahorros da a todos los españoles, vamos a actuar para defender a Caixanova, “nuestra Caixa”, por entender que tanto La Xunta como el Parlamento de Galicia, están cometiendo fraude de ley, que en modo alguno vamos a tolerar (buscando amparo legal).
*
Tanto La Xunta de Galicia como el Parlamento deben saber que la ley les faculta para controlar que los distintos Consejos de Administración cumplan con los principios básicos de gestión velando por las buenas practicas y garantizando la SOLVENCIA, pero nunca para legislar en busca del control de las entidades y su posterior politización, y mucho menos, a promulgar leyes a la “medida” como la ya conocida “Ley antiGayoso o ley antiVigo”, desde todo punto de vista antidemocrática. Los habitantes del sur de Galicia depositamos nuestros ahorros en Caixanova para que se gestionen con criterios económicos, no con los principios de Galleguidad.
*
Los oscuros intereses de quienes están detrás de esta maniobra, solo se pueden entender si persiguen conseguir más poder y sobre todo, ahondar aun más en el ya terrible desequilibrio norte-sur, con los graves perjucuios que esto conlleva para el conjunto de Galicia.
*
Queremos y debemos hacer publico nuestro más profundo malestar con determinados medios de comunicación tales como RTVG y La Voz de Galicia ya que consideramos que están actuando con absoluta parcialidad a favor de la fusión (cuando al mismo presidente de la Xunta le faltan datos para tomar su decisión) con comentarios negativos hacia nuestra ciudad y dirigentes, buscando en todo momento etiquetas de localismo, insolidaridad o falta de visión y cultura, lo cual genera en la sociedad gallega claros perjuicios hacia nuestra imagen y honor cuando desde Vigo lo único que estamos haciendo es defender lo que es nuestro conforme a derecho.
*
Escandalizados por lo que entendemos, abuso del poder y aplicación parcial de la ley por parte de la Xunta de Galicia, manifestamos, porque queremos y debemos, nuestra firme e inquebrantable voluntad de acudir a los tribunales en busca de justicia, estudiando si es conforme a derecho, la acusación de prevaricación, por la más que clara intromisión de la Xunta en la gestión de Caixanova, de lo cual son notarios los distintos medios de comunicación, lo que incluye a los tribunales europeos, en busca de los mecanismos legales que impidan este tipo de actuaciones, propias de una dictadura.
*
Nos dirigiremos también al Presidente de la Nación, Defensor del Pueblo y Banco de España, para pedirles que acudan en auxilio y tutela de Caixanova ante el acoso que consideramos sufre de la Xunta quebrantando la ley, y en defensa de nuestros legítimos intereses.
*
Por ultimo, queremos y debemos reafirmar nuestro compromiso por Vigo y el sur de Galicia, uniendo voluntades en su defensa y anteponiendo los intereses de nuestra ciudad a nuestras distintas ideologías y filiaciones, cogiendo así la lanza que tenían que haber cogido nuestros representantes políticos, Asociaciones, Administraciones Locales y provinciales, pero que cegados por el miedo o por el interés personal o de partido, no han querido, no han sabido o no han podido coger. En cualquier caso, recordarles que ante uno de los momentos más trágicos y decisivos de esta ciudad, no han estado a la altura que sus votantes esperábamos de ellos.
*
Lucharemos por un Vigo respetado. Así sea.
ASIVIGO - Asociación Independiente Pro Defensa de Vigo
Gobierno Civil nº 3882.
——
RESPOSTA
Aprezados amigos:
Respecto as súas opinións, pero non as comparto. Como xa teño manifestado en respostas anteriores e queda de manifesto no artigo que aparece neste blog é precisamente a defensa dos intereses de Galiza, de Vigo e de Caixanova o que prima no posicionamento que o BNG ten a respecto da Lei de Caixas. Falan de que queren o que seus fillos teñan un futuro na súa cidade. Eu tamén e é por iso porque non quero que Caixanova acabe supeditada a intereses de caixas foráneas de Madrid, Cantabria, Asturias… Eu quero que os aforros dos vigueses e viguesas, pero tamén dos galegos e galegas, grazas aos que Caixanova é hoxe o que é, sigan ao servizo dos nosos emprendedores, dos nosos sectores produtivos, do noso comercio e continúen servindo para facer Obra Social, como hoxe fan, en Vigo e no resto de cidades galegas. Iso si me garante que os meus fillos poderán traballar na súa cidade. Desde logo o que non o garante é unha SIP cunha caixa de fóra.
Estanse a dicir moitas cousas, falando de futuribles sen fundamento real. Pero o que non se está a dicir é que nesa nova alianza de Caixanova con caixas foráneas non tería Vigo como sede. Obrigaría a abrir un banco con domicilio social en Madrid para responder dos riscos que as entidades aliadas asumen de modo conxunto. Xa que logo este SIP é un paso decidido cara á deslocalización e á bancarización de Caixanova. O BNG non quere iso. Quere unha caixa galega forte, ao servizo de Galiza e de Vigo. Non queremos unha caixa do norte, nin do sur. Queremos unha caixa que evite que Galiza e Vigo perdan o poder financieiro que agora teñen. Iso só a garante unha fusión entre Caixanova e CaixaGalicia, porque o que ninguén pode negar é que no actual contexto económico ningunha das dúas vai poder seguir camiñando soa.
Un saúdo.
29 de Decembro do 2009 ás 10:36 am
Claro que discrimina, e por iso ti apoias a absorción da Caixa da cidade pola caixa coruñesa e a lei de caixas que vai sinificar unha importante perda de inversións na cidade. Eu levo 17 anos botando BNG pero nunca máis porque non defendedes os intereses desta cidade, e o ocultades baixo unha apariencia de falso nacionalismo. Máis de 2000 persoas de menos de 40 anos vancho agradecer cando perdan os seus postos de traballo. Non te enganes, Caixanova xa sabe que non van a haber prexubilacións, van a haber despidos de traballadores que levan menos de seis anos na empresa, é máis barato. E, para qué? Para salvar ós da Coruña, coma sempre… Grazas por todo.
——
RESPOSTA
Aprezado Hugo:
Nin eu, nin BNG apoiamos unha absorción. Defendemos a creación dunha caixa galega, froito da unión das dúas caixas, porque entendemos que iso é o mellor para Vigo e para Caixanova. ¿Pensas ti que os investimentos na cidade están máis garantidos se a nosa caixa sigue sendo galega, que si a través dunha alianza con caixas foráneas o seu poder de decisión está en Madrid ou en Cantabria? Non ha dúbida de que só se os intereses de Caixanova continúan estando en Vigo e en Galiza existen garantías de que os nosos aforros non acaban resolvendo problemas doutras comunidades autónomas.
Refíreste aos postos de traballo que se poden perder. Pois ben, os sindicatos teñen claro que unha SIP con caixas forénas sería máis perxudicial para o mantemento dos postes de traballo que a fusión galega. Eles, que son os representantes dos traballadores e defenden os seus intereses, están a favor dunha caixa galega e non da unión con caixas de fóra.
No BNG somos coherentes coa nosa posición, que por certo formaba parte do programa electoral que ti dis que votache. Continauremos sendo coherentes e traballando polo que consideramos que é mellor para Vigo e para Galiza, independentemente dos réditos electorais que poda ter e, por suposto, por riba de calquera interese partidista.
Unha aperta.