O tempo da a razón ao BNG

O tempo da e quita razóns. Este dito popular cobra forza estes días tras a presentación do Plan de Utilización de Espazos Portuarios, un documento que desde o BNG reclamamos insistentemente como paso previo á calquera actuación portuaria. O simple feito de que, por fin, exista ese plan é xa unha victoria dos nacionalistas, que durante moito tempo estivemos sos como formación política nesa reivindicación e fomos, por elo, o foco de críticas e acusacións que hoxe se demostran inxustas.

Pero non só a presentación do documento é unha boa nova para nós, tamén as súas conclusións son benvidas porque abren o camiño para que se poida chegar a un consenso sobre como debe ser o futuro do noso Porto. O primeiro que podemos constatar é que o plan di que é posible o desenvolvemento portuario co respecto medioambiental pola nosa ría. Desde o BNG puxemos sempre como condición que calquera actuación tiña que ser compatible coa ría. Esa posición que defendimos non foi sempre entendida, pero hoxe se demostra que, como dicía ao inicio, o tempo da e quita razóns. É posible que o Porto creza, algo do que nunca estivemos encontra, pero ese crecemento pode facerse sen acometer recheos puros e duros, racionalizando primeiro os espazos e buscando solucións que non danan a ría.

O Plan de Usos non só elimina recheos anteriormente propostos, senon que recolle alternativas totalmente compatibles co medio ambiente para cada unhas das ampliacións que se consideran necesarias. Nós imos velar porque cando haxa que optar por unha ou outra solución non sexa o criterio económico o que prime, senon o medioambiental. Pero ademais diso, cada unhas das actuacións terá que pasar previamente un informe medioambiental, cuestión esta que cando a reclamaba o BNG hai anos era calificada como un despropósito e que hoxe xa non se cuestiona.

Este documento é, en definitiva, un bo punto de partida para que o Porto de Vigo poda seguir sendo competitivo e desenvolver as súas infraestruturas para mellorar os seus servizos. Estamos moi satisfeitos de que finalmente se entenderan as nosas razóns e se asuman como puntos de partida para facer compatible o crecemento do Porto co noso gran tesouro, a Ría. O tempo da e quita razóns, e neste caso doulla ao BNG.

 

Etiquetas: , , , , , ,

2 Respostas a “O tempo da a razón ao BNG”

  1. Erasmo comentou:

    Sigo agardando unha resposta sobre o Carril Bici dentro do Plan de Usos do Porto…
    Seica non colle un carril bici pero collen ampliacións respectuosas co medio ambiente?

    Por que non explicades o que esta a suceder ?

    Ninguén o sabe ?

    ———

    RESPOSTA

    Aprezado Erasmo:

    Eu tamén sigo agardando polo Plan de Usos do Porto, porque ata o de agora unicamente teño escoitado anuncios e pouco máis. Non sabemos si hai carril bici, pero tampouco como se van a abordar finalmente os proxectos dos que tanto se fala e pouco se concreta. A día de hoxe o BNG aínda non ten o documento e o único que coñecemos del é por informacións da prensa ou pola explicación que nos dera o anterior presidente da Autoridade Portuaria. Xa nin me lembro os anos que o BNG ven reclamando que antes de desenvolver ningunha acción no Porto hai que contar co Plan de Usos. E non só é preciso ese plan, hai outros documentos que tamén existe a lei como o Plan de Infraestruturas Portuarias o ou Plan Estratéxico.
    Agardamos que a nova presidenta do Porto non xestione cunha visión a corto prazo, para rendabilizar politicamente o cargo como trampolín para a súa candidatura á Alcaldía, e teña ben claro que hai que planificar con visión de futuro as actuacións a desenvolver.

    Coma sempre, unha aperta.

  2. Iván comentou:

    Os chopos de Coia

    Boas Santi, son un veciño da avenida Castelao e podo dicir que as folerpas destas árbores son un pouco molestas, éntranche pola fiestra, vas andando e tes que esquivalas… de alerxia nada que non conteñen polen. PERO, o problema ten que ver máis con se chove ou non chove, cando o chan, os chopos están mollados non hai folerpa voadora algunha, por iso este ano deu que falar, cando normalmente lévase sen maior complicación.

    Por iso, aposto por seguir tendo de veciños a estes chopos, que son as árbores que máis CO2 nos limpan, e se cadra, un ano coma este con activar os aspersores de rego dos xardíns e darlle uns mangueirazos aos árbores, as peluxes quedarían desfeitas e pegadas ao chan.

    Saúdos

    ———-

    RESPOSTA

    Aprezado Iván:

    Ao final os teus desexos vanse cumplir, xa que o departamento de Parques e Xardíns optou por actuar sobre só as árbores que estaban danadas, pero mantendo a maioría dos chopos do paseo. De seguro que será posible actuar para reducir os efectos que teñen sobre a poboación mantendo a esta especie nesa avenida. É necesario sempre tratar de artellar as medidas que fagan compatibles as ventaxas e os inconvintes, neste caso da presenza dos chopos.
    Grazas polo teu comentario e unha aperta.

Deixa o teu comentario


Pechar
E-mail It