A verdadeira cara da crise

Hoxe coñecemos os últimos datos do paro e como era previsible non son bos. O desemprego subiu en Galicia o último mes en máis de 11.400 persoas e a cifra de parados supera xa os 200.000. Estas persoas que perderon o seu emprego son a verdadeira cara da crise. Son elas as que sinten en carne propia o difícil momento económico que estamos pasando, ás que fan números para chegar a fin de mes e non chegan, ás que demandan axuda para poder pagar a súa hipoteca… Son elas as que viven no día a día as consecuencias da crise e son elas, polo tanto, ás que temos que apoiar.

Nas actuacións que se están a desenvolver para combatir a crise o principal obxectivo ten que ser garantir que os cartos chegan ás empresas e sectores económicos que máis o precisan e ás familias que están asumindo a sangría do desemprego. A preocupación das administracións ten que ser como axudar a estos colectivos é non crear espectáculos arredor do grandes banqueiros e empresarios. Non podemos permitir que haxa pequenas e medianas empresas que están facendo equilibrios ou se ven obrigadas a facer Expedientes de Regulación de Emprego porque non reciben apoio financieiro, mentras os grandes titulares continúan a ser como se vai salvar desta situación aos bancos. Calquera axuda que se dirixa a eles ten que garantirse que repercuta directamente nas familias e nesas empresas que son o auténtico soporte do noso tecido económico.

O apoio hai que enfocalo en axudar aos sectores máis desfavorecidos, ás persoas con menos recursos e aos empresarios que xeran emprego. Nese camiño estamos a traballar as diferentes concellerías nacionalistas. Desde o Departamento de Benestar Social tense incrementado notablemente todos os programas e axudas dirixidos aos máis desfavorecidos. Na área de Comercio estamos a traballar directamente coas asociacións para desenvolver as iniciativas que eles entenden que máis lles poden beneficiar. Son só algúns exemplos do que estamos a facer no curto prazo, pero pensamos que tamén hai que pensar no longo prazo. É por iso que consideramos moi importante traballar na promoción da cidade ou xestionar que a cidade conte con eventos deportivos ou culturais de carácter internacional. Eses investimentos redundarán en beneficio para a cidade en sectores como o hosteleiro, o hoteleiro ou o comercio. Son grandes xeradores de emprego, nunha cidade que ten que diversificar o seu papel como motor de Galiza máis alá da industria, pero que son dos máis afectados pola crise e, como consecuencia, nichos nos que se está a instalar o paro. Eses empresarios e empresarias e os seus traballadores e traballadoras son a verdadeira cara da crise.

Etiquetas: , , , , , , ,

7 Respostas a “A verdadeira cara da crise”

  1. Juan Antonio comentou:

    Bueno, despues de haberse gastado 1300 000 € de nuestro bolsillo, y lo que no sabremos, para fiestas, viandas y regalitos para la Universiada, como le queda a uno el cuerpo. Fantastico supongo, el whisqui y el tabaco, para que usted lo sepa, hasta en las empresas privadas , se lo paga uno mismo.Pwero claro como ustedes disparan con polvora del rey, ya se sabe.
    Ahora viena a hablarnos de la crisis, pues perdone que me escaralle de risa, o mejor me eche a llorar.Sea un poco mas serio, por favor.
    En estos momentos mas que nunca, se hace necesario auditar los gastos de todas las administraciones, por que hacen con nuestro dinero lo que le da la gana. Se hace necesario planificar y desarrollar politicas de inovacion, I+D+I, de educación y preparación academica de estudiantes y trabajadores , especializarlos para el mercado del trabajo que viene, de apoyo a los empresarios innovadores y emprendedores. Las politicas sociales que ustedes proponen no sirven mas que para crear una poblacion dependiente de ayudas incapaz de valerse por si misma, que acabara por aumentar la deuda publica.
    Lo peor de todo este panorama, viendole a usted, y al engreido de su compañero de gobierno( ese que se dedica a abrir calles sin buscar soluciones al transporte urbano, obligando a muchos comercios a cerrar al perder clientes por las obras), es que no tienen ni idea de lo que se traen entre manos.
    Vamos ya ni le cuento cuando nos fijamos en el gobierno central.
    Dios nos coja confesados.

    ——-

    RESPOSTA

    Aprezado Juan Antonio:

    Respecto, pero non podo compartir as súas consideracións porque parten dun plantexamento errado. Ese 1,3 millóns de euros que se investiron na presentación da candidatura da Universiada permitiron a promoción internacional da nosa cidade e situar a Vigo na carreira polos grandes eventos, ademais de situala con peso propio dentro dun ámbito tan importante como é o universitario. Por outra parte, teño que precisarlle que todos e cada un dos gastos que se realizaron están auditados e visados pola Intervención do Concello. Nin unha soa factura quedou foro desa fiscalización, porque todo se fixo con absoluta transparencia e claridade, e precisamente por iso vostede se puido enteirar.
    E quérolle dicir que eses gastos aos que vostede se refire son meramente anecdóticos dentro do orzamento adicado ao proxecto da Universiada. Cando se compite a nivel internacional e hai que intensificar os contactos no máis alto nivel deportivo e universitario hai comidas de traballo que hai que facer. O que lle podo garantir é que non houbo ningún dispendio e quero precisarlle que os meus gastos persoais os pago do meu bolsillo, como non podería ser doutro xeito.
    Por outra parte, creo que non se debe confundir os gastos que son necesarios para a promoción da nosa cidade cos que hai que facer para atender as necesidades sociais. Fala vostede do 1,3 millóns de euros, pero nada di de que desde a Concellería de Benestar Social se teñen redobrado os orzamentos para incrementar as becas de libros e comedor, a axuda no fogar, as axudas de emerxencia… Esta política é tan necesaria como a aposta polo I+D+I, a educación ou o apoio aos sectores empresarias as que vostedes se refire. Neste contexto tamén temos que apostar pola promoción da cidade e por intentar que Vigo sexa polo de atracción de grandes eventos que deixen retorno económico na nosa cidade… Nesa idea é na que estamos a traballar e na que se inxire a Universiada.

    Un saúdo.

  2. Miguel comentou:

    Un saudiño señor Domínguez ou Santi, como quieras.
    Quiero mandarte un mensaje de animo, de lucha y de compromiso con nuestra ciudad.
    Espero que puedas sacar todas las fuerzas posibles para hacerlo lo mejor que puedas.
    Creo que sintes a xente de cerca, y esto es muy importante para un político Local de gran altura como usted. Primero por tener los cojones de contestar en este blog y segundo por que parece un buen tipo.
    Animo a muchos POLITICOS ATRASADOS que publiquen lo que pasa y contestar a sus ciudadanos.
    No tengo partido político que me vuelva loco, creo en las personas y en su ánimo de trabajo.

    Por otro lado:

    Primero hay que ser persona, y el nuevo que gano las elecciones del PP, si el gaseoso del Feijoo es un mentiroso con nuestro pueblo, yo tuve que trabajar en algunos eventos hace años para este tipejo, y recuerdo bien las mentiras que les cuenta a las personas mayores. Es un niño de bien, pero no me gusta para Galicia, quizás le quede mejor Madrid que la Xunta, este me parece que se olvidará del pueblo para beneficio de su carrera. Tiempo al tiempo.

    Ala Celta, vamos Vigo,.. y mucho ánimo Señor Domínguez, yo confío en usted.

    Miguel

    ——–

    RESPOSTA

    Aprezado Miguel:

    Moitísimas grazas polo teu apoio e pola túa confianza. Tentarei seguir traballando por esta cidade e polo compromiso que adquirín coa cidadanía. Podes estar certo de que as forzas e ilusión as manteño como o primeiro día, pero para min tamén é moi importante manter aberta esta fiestra que é o blog para estar en contacto directo cos vós e que me acheguedes as vostas opinións, aínda que as veces sexan críticas, porque das críticas tamén se aprende.
    Agradézoche novamente o teu comentario. Unha forte aperta.

  3. Leonardo comentou:

    Estimado Santi:
    Esta é a terceira vez que comento no teu blog. Lémbroche que son un votante do BNG desencantado coa política do bloque na Xunta de Galicia e en Vigo.
    Estades ante un momento crucial da política galega. O venres acabades de ver que a cidadanía rexeita a vosa concepción da política.
    Tendes que facer un cambio drástico, o BNG ten que amosar os seus desencantados electores que é realmente diferente ó PP, porque polo momento os cidadáns non perciben esa diferenza.
    Eu, como votante de esquerdas quero que o BNG teña altura política e saiba facer política para os cidadáns. Gustaríame que vos deixásedes de propaganda, actos protocoloarios, publicidade dos medios e demáis parafernalias. Quero un PXOM sostenible e que respete ó medio ambiente, quero que se rehabiliten as antigas contruccións industriais de tanto valor arquitectónico como a Panificadora, a Mealúrxica, a Fábrica de Álvarez, a fábrica de conservas MIAU,… Non quero torres en Beiramar, nin CC Laxe.
    Espero que tomedes nota, porque se non moito me temo que a tú estancia na alcaldía de Vigo será efímera.
    Un saúdo e espero que entendas este comentario como unha crítica constructiva dun votante que perdeu a súa ilusión.

    ————

    RESPOSTA

    Aprezado Leonardo:

    Para min todos os comentarios, sexan positivos ou non, son benvidos porque para min é fundamental coñecer o sentir da cidadanía e por iso precisamente abrín este blog. Podo entender o teu desencanto, ou como dis a túa desilusión, pero non comparto algúns dos motivos dos que falas. Penso que as diferenzas entre o BNG e o PP están claras, defendemos modelos de país ben diferentes e as nosas propostas pouco teñen que ver. Só hai que aterse a que o señor Núñez Feijoó aínda non tomou posesión e as súas primeiras manifestacións son que vai eliminar as principais medidas impulsadas polo BNG (galescolas, decreto do galego, normas do hábitat…). O que si pode ser é que non foramos quen de transmitir o noso labor. De todas formas como ben saberás o BNG está levando adiante un proceso interno no que se está a debatir o camiño a seguir dagora en diante e de seguro que un dos pasos vai ser tratar de recuperar a todas esas persoas que coma ti, din sentirse desilusianadas. Agardo que sexamos quen de conseguir transformar a túa desilusión e recuperar o teu apoio.
    Un saúdo.

  4. Día de moito... comentou:

    A min o que che me gustaría é saber como o voso partido pensa preparar a sociedade e a economía galega para o problema que imos topar en canto comecemos saír (se saímos) da recesión, e do que xa se cansan de advertirnos desde organismos internacionais: http://vesperadenada.org/2009/02/20/cando-levantemos-cabeza-da-crise-economica-bateremos-coa-crise-enerxetica/

    Porque no voso programa a verdade é que non se atopa un só indicio de que nos vaiades preparar, máis ben todo o contrario! E nalgo de consecuencias tan graves para todos e cada un de nós non comprendo como podedes estar tan tranquilos e non facer o máis mínimo caso das voces de alarma da comunidade científica e dos propios organismos internacionais que os propios estados creastes para vixiar o sistema enerxético mundial!

    ——-

    RESPOSTA

    Aprezado amigo:

    Non é certo que non estemos preparándonos para a situación que se vai dar cando se consiga superar a crise. Desde as nosas responsabilidades na Xunta tivemos moi claro desde que se asumiron as responsabilidades de goberno que era preciso apostar fortemente polos nosos sectores productivos. Aí están as medidas de apoio ao naval, ao comercio, ao noso agro e tamén a automoción. En canto se empezaron a detectar os primeiros síntomas da crise adoptáronse medidas concretas. No noso programa figuraba claramente cal era a nosa posta para afrontar a crise e as medidas que entendiamos que había que aplicar. Nos defendemos a necesidade de contar con mecanismos propios para enfrontar a crise como a creación do Instituto Galego de Crédito, como única forma de que o crédito chegue as empresas e familias que realmente o precisan. Tamén defendemos unha nova Lei de Caixas para que teñan maior compromiso cos nosos sectores productivos que son os que xeran emprego no noso país. A nosa proposta é, en definitiva, apostar polos sectores productivos que xeran emprego e riqueza, industria, naval, automoción, comercio, construción de vivenda protexida, sector agroforestal e tamén a través das políticas de benestar. Se esta crise permite reforzar estos sectores estaremos diante dun bo escenario para o momento no que saimos dela.

    Unha aperte.

  5. jorge comentou:

    buenos días, de nuevo, Sr. Domínguez,
    mi comentario no tiene que ver con la crisis.
    es una pregunta simple: está usted en desacuerdo con los actos vandálicos cometidos por radicales nacionalistas este domingo pasado - día 08- contra la asociación Galicia Bilingue?. la libertad de expresión debe estar garantizada y su acoso y vulneración perseguido por las fuerzas del orden.
    no pertenezco a esta asociación pero gran parte de la ciudadanía todavía está esperando una declaración de condena de dichos actos vandálicos por parte del BNG.
    gracias.
    un saludo

    ————–

    RESPOSTA

    Aprezado Jorge:

    Rexeito calquera tipo de violencia e, por suposto, defendo a liberdade de expresión. Penso que este blog é un bo exemplo, nel todo o mundo pode expresar a súa opinión, sexa coincidente ou non coas posición que eu defendo. Todos os comentarios son respostados, sexan ou non críticos co labor e os postulados que defende o BNG.

    Un saúdo.

  6. goyo comentou:

    La crisis no tiene cara, señor Olveira; sea usted un poco más serio y “non fale por falar” el pueblo merece un respeto. No sea usted tan CARA dura.
    Como se atreve a vendernos humo?
    En la biblioteca existen libros Carlos Marx, ya va siendo hora que estudie usted un poquito. Vaya por Dios.

    ———-

    RESPOSTA

    Aprezado Goyo:
    Seguramente non serei tan ilustrado como vostede, pero asegúrolle que leo sempre que o tempo mo permite e literatura moi variada. Dito isto, temo que precisarlle que non me fai falta ler, nin visitar bibliotecas, para saber que cara ten a crise, porque comparto cos meus veciños e veciñas, cos meus amigos e amigas, a preocupación de moitos homes e mulleres, de moitos pequenos e medianos empresarios, que están sufrindo en carne propia a difícil situación económica, que ben como cada día se ven máis afogados pola crise. Aínda que a vostede non llo pareza esa é a verdadeira cara da crise, a cara que eu vexo e á cara á que lle temos que prestar unha atención prioritaria.

    Un saúdo.

  7. Juan Rodriguez comentou:

    Vamos a ver Señor Dominguez:
    es la segunda carta que le escribo, y ya veo como va el tema, usted como “buen democrata” solo publica y responde las cartas que le son medianamente favorables, y que estan escritas en Galego, “olé por usted” y “ole por lo que usted entiende por democracia”.
    Como empresario he de decirle a la clase poitica que la cuestión no es dar ayuda a las clases mas desfavorecidas, por que al final vamos a ser toda la población la que va a quedar empobrecida por esta crisis.
    Esta en mano de ustedes crear las situaciones legales que den lugar a la mejora de la situació, tendran que empezar con dar ejemplo, bajandose los sueldos, reduciendo a la minima expresion todos los gastos de representacion, fiestas, recepciones y cuchipandas que no sirven para nada. debertian paralizar la contratación publica, asi como la presion fiscl sobre los contribuyentes.
    Los enanos estamos a puntito de saltar, y en ese momento, se que nos van a echar a las fuerzas del orden y seguridad, perto no les va a salvar ni por haberse apellidao socialistas, galegistas o lo que sea, ESTAN JUGANDO CON EL PAN DE LA GENTE, YA ESTA BIEN!!!!!!!!!!!!!

    ———

    RESPOSTA

    Aprezado Juan:

    Rexeito totalmente as súas afirmacións. Neste blog respóstanse todos os comentarios. Se vostede adicara un pouco de tempo a lelos podería comprobar que se respostan os que están en galego e tamén os que están en castelán, os que critican e os que aplauden, os que fan propostas e os que reclaman. Eu é así como entendo a democracia e como a practico.
    En canto á súa reflexión sobre a situación de crise que estamos a vivir, teño que dicirlle que sigo pensando que hai que apoiar as clases menos favorecidas e tamén aos pequenos e medianos empresarios, por iso o que estamos a reclamando é que se garanta que as axudas que se están dirixindo ás entidades financieiras repercutan directamente neses sectores, porque só así se poderá incentivar o consumo, que é o que realmente se precisa nestes momentos. Só incentivando o consumo e a capacidade económica das pequenas e medianas empresas poderemos conseguir aguantar a crise e evitar que as cifras do paro continúen crecendo.

    Un saúdo.

Deixa o teu comentario


Pechar
E-mail It