Orzamentos sociais fronte a crise

Crise. Esa é a palabra que, por desgraza, dende hai xa varios meses centra o interese. Estamos a atravesar unha difícil situación económica que se deixa sentir en todos os ámbitos da vida e que xa está a ter maior incidencia nos sectores máis desfavorecidos, que son sempre os que padecen en primeiro lugar as consecuencias destes procesos.

Neste contexto é no que o Goberno municipal afrontou a elaboración dos orzamentos do vindeiro ano. A situación loxicamente obrigou a facer unha racionalización dos gastos, pero sabedores de que a Administración local vai ter que dar resposta ás consecuencias derivadas da crise, fomos quen tamén de manter o nivel de crecemento nas partidas directamente vinculadas á atención cidadá, é dicir, aquelas de marcado carácter social, as que nos van permitir ampliar as axudas para atender ás persoas desfavorecidas, dependentes, en risco de exclusión socia, infancia…

Son estes sectores os que con maior virulencia van sentir o mal momento económico que vivimos e aos que dende o BNG queremos prestar atención.Por iso nas nosas áreas de xestión apostamos fortemente polo gasto social. Incrementamos as partidas destinadas a todos os programas relacionados directamente coa mellora da calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, porque mantemos o noso compromiso de traballar para a xente.

O gasto social é un dos piares sobre os que se sosteñen os orzamentos, pero dende as nosas concellerías quixemos tamén facer un esforzo nos investimentos para continuar impulsando a recuperación integral do Casco Vello. O noso barrio histórico vai ter por segundo ano consecutivo a maior aportación económica por parte do Concello. Tres millóns de euros, que sumados aos sete do Consorcio do Casco Vello, van permitir continuar avanzando con paso firme nun obxectivo que para nós é preferente: recuperar o barrio cerne da cidade. Como teño manifestado reiteradamente é un proceso longo e complicado porque tras moitos anos de abandono hai moito traballo por facer, pero neste primeiro ano xa se está a notar que desta vez vai.

O gasto social e o Casco Vello foron as nosas prioridades nestes orzamentos, pero igualmente afrontamos na súa elaboración algo que para nós e fundamental na nosa acción de goberno: cumprir o pacto de goberno asinado co PSOE. É podemos dicir que as cuestións ás que nos comprometimos con esa sinatura están recollidas nos orzamentos, para dar resposta ás demandas e necesidades que ten a cidade.

Por segundo ano consecutivo Vigo vai comenzar o ano cun orzamento aprobado e listo para executar e iso é algo que tamén ten a súa relevancia. É moi importante para a cidadanía contar cos orzamentos do Concello en tempo e forma, porque iso vai permitir que teñan acceso antes ás subvencións, que podian solicitar canto antes as axudas ás que teñen dereito ou que non se retrase a execución das obras. Iso tamén incide na mellora da calidade de vida da veciñanza.

O BNG ten boa parte de responsabilidade no feito de que os orzamentos estean aprobados a un de xaneiro e se negociaran sen facer deles un reparto do pastel ou entrar en batallas partidistas. A nosa responsabilidade fai que a por riba de todo poñamos o interese da cidade e dos seus veciños e veciñas. E estou certo de que para eles estes son uns bos orzamentos, nunha época na que pende sobre nós unha difícil situación económica.

Etiquetas: , , , , , ,

3 Respostas a “Orzamentos sociais fronte a crise”

  1. Jon Bierzobas comentou:

    Por cierto, no queremos gasto social,queremos que nos dejeis trabajar. Esa es la manera de crear riqueza, como no os pongais las pilas vamos a acabar todos en comedores sociales. Tambien me apunto a que me den una casa, y me den de comer todoa los dias en un comedor social, pero eso no es la solución.

    ——–

    RESPOSTA:

    Aprezado Jon:

    Estou totalmente dacordo con vostede en que o máis importante é xerar emprego e que a xente non estea no paro, pero tamén e responsabilidade do Goberno municipal atender a esas persoas que non teñen traballo e precisas das prestacións sociais para poder vivir. Ogallá non houbera parados, pero os hai e por iso temos que reforzar o gasto social, porque ao tempo que se traballa para xerar emprego hai que axudar as capas menos favorecidas da nosa sociedade que son as que o peor o están a pasar con esta crise.

    Un saúdo.

  2. Jon Bierzobas comentou:

    Crisis, creo que no conoces el significado de esa palabra.
    Mientras tu te paseabas por media Europa ofreciendo la candidatura para la Universiada( es decir para que vengan unos crios a tirar con jabalina, acompañados de sus padres, es decir, no tienen el minimo interes mediatico) con FONDOS PUBLICOS(de todos); las empresas de esta ciudad empezaban a cerrar.
    para vosotros nunca hay crisis, vuestros sueldos nunca menguan, eso si soluciones no aportais ninguna.
    Nos vais a levantar todas las calles por no se cuanto tiempo durante este año, y los comerciantes como yo, no hemos escuchado ni una sola vez que nos vayais a resarcir por las perdidas que vamos a tener durante el tiempo que duren las obras.
    Seguiremos pagando el IBI, el Lixo, Autonomos, el IVA, el impuesto de sociedades, las multas de trafico por no tener donde aparcar, etc , etc .
    Y aún teneis la cara dura de venir a dar lecciones, vosotros que no dais palo al agua.
    Felicidades

    ——-

    RESPOSTA

    Aprezado Jon:

    Parte vostede de varias afirmacións que están erradas. En primeiro lugar direille que non me dediquei a pasear por Europa. Fun a Bruxelas a presentar a candidatura da cidade para acoller a Universiada, un acontecemento no que participan 11.000 deportistas, ademáis dos seus equipos deportivos, familias e medidos de comunicación. Non se da conta vostede que independentemente do interese mediático, a súa estadía na nosa cidade ao longo de case un mes deixaría importantes beneficios económicos en sectores como o comercio ou a hostelería que están sendo especialmente azotados pola crise. É un acontecemento que crearía riqueza na cidade, que como ben di vostede é o que temos que facer os políticos en tempos de crise. En canto ao tema das obras, teño que dicirlle que todos os proxectos que se van facer teñen como obxectivo mellorar a cidade de vida dos veciños e veciñas desta cidade, ou é que vostede está en contra de que se humanicen as rúas ou se eliminen barreiras arquitectónicas?. Sei que mentras duran as obras os comerciantes resíntense, por iso desde a Concellería de Comercio estamos traballando na dinamización do pequeno e mediano comercio e pondo na súa man os instrumentos que as asociacións nos están pedindo para desenvoler as súas actividades.

    Un saúdo.

  3. jorge comentou:

    Estimado Sr. Olveira,
    Enhorabuena por su blog. No lo conocía y me resulta interesante. Me gustaría que me respondiese a dos cuestiones, si tiene tiempo:
    1. no está obligado el ayuntamiento a que las señales viales estén escritas en las dos lenguas oficiales?. se lo digo porque muchos turistas, que no conocen la ciudad, no las entienden y esto les supone molestias (se pierden por la ciudad, problemas de tráfico, ciudad poco acogedora con el turista,etc…).
    2. en tiempos de crisis como los actuales: no sería conveniente que congelasen sus sueldos o dejasen de nombrar a asesores que cobran más del triple de la media anual salarial gallega?. ya que ustedes presumen de estar muy cerca de los trabajadores creo que esta sería una buena forma de solidarizarse con los mismos (no sólo de boquilla).
    gracias por su atención.
    un saludo

    ——–

    RESPOSTA

    Aprezado Jorge:

    Moitas grazas e benvido a este foro. En canto ás súas preguntas direille que non hai ningunha obriga de que as sinais esten nas dúas linguas oficiais, pero o certo é que a maioría das que van dirixidas ao turismo si o están e incluso hai algunhas nas entradas da cidade en varios idiomas. A respecto da súa segunda cuestión, direille que todos os concelleiros e concelleiras do BNG conxelaro este ano os seu soldos, ao igual que o resto da corporación municipal. En canto ao tema dos asesores penso que hai que mirar máis alá e pensar que esas persoas desenvolven un traballo que redunda en beneficio da cidade e, por suposto, non se retraen cartos dos servizos que o Concello debe prestar nestes momentos de crise para eles.

    Unha aperta.

Deixa o teu comentario


Pechar
E-mail It