Un curso no que Vigo se xoga moito

Vimos de iniciar un novo curso político con renovados ánimos para seguir traballando por e para a xente. Temos por diante moito traballo que facer para afondar na mellora da calidade de vida dos vigueses e viguesas, que é o obxectivo co que os nacionalistas desenvolvemos a nosa acción desde o goberno da cidade.

Despois dun primeiro ano de andaina da coalición cos socialistas, no que se foron pulindo os engrenaxes, entramos agora na etapa na que hai que avanzar na consolidación do goberno municipal. É xa un equipo maduro que ten o reto de levar adiante grandes proxectos e investimentos para a cidade. Hai que pisar o acelerador para concretalos, empezando polo desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Vigo levaba moitos anos agardando por un documento que definira o seu futuro. Agora xa o ten e penso que pasou o tempo da discrepancia. Temos a grande oportunidade de contar cun instrumento que revitalice a vida da cidade é penso que o importante é que vaiamos todos da man, deixando traballar aos técnicos porque non hai volta atrás. Claro que o feito de deixar aparcadas as diferenzas, non significa que se implanten os mecanismos axeitados para que os afectados sexan xustamente recomensandos. O BNG sempre vai estar ao seu carón.

O desenvolvemento do PXOM vai xogar, sen dúbida, un papel determinante no futuro de Vigo, aínda que non vai ser o único elemento sobre o que a nosa cidade vai apoiar o seu futuro. Estamos xa en fase de elaboración dos orzamentos do Estado e da Xunta e neles xogámonos tamén boa parte do noso futuro. É certo que estamos en tempos de crise, pero esa non pode ser a desculpa para que a nosa cidade non reciba o que lle corresponde. Non se pode recortar alí onde historicamente houbo desequilibrio nos investimentos, como é o noso caso. Existe unha débea histórica coa cidade máis importante de Galiza e desde o BNG imos esixir que se cumpran os compromisos que tanto o Goberno do Estado como o da Xunta teñen coa nosa cidade, empezando por infraestruturas como o AVE. Só se nos seus orzamentos aparecen as partidas que garantan o cumprimento do prazos para a súa chegada poderemos confiar no cumprimento da palabra dada. Nós imos facer un seguimento moi estreito para ver o grao de execución das partidas orzamentarias destinadas a Vigo, que é como realmente se fan realidade as promesas.

Nos podo deixar de referirme tampouco a outra cuestión que vai ter moito protagonismo neste curso político, como son as eleccións autonómicas. É unha cita na que Vigo se xoga moito. Os nacionalistas defenderemos o noso proxecto político, co convencemento de que un BNG forte na Xunta vai ser un BNG que conte con Vigo. Os datos están aí e non enganan. So hai que ver as actuacións e investimentos das consellarías nacionalistas na nosa cidade ata o de agora, para saber como serán no futuro con maio respaldo cidadá.

O que de ningún xeito imos facer é utilizar a campaña electoral para interferir na política municipal. Na nosa xestión diaria no Concello iremos debullando os moitos proxectos que temos nas distintas áreas nacionalistas e cos que afrontamos con moita ilusión e gañas de traballar este novo curso. Ese vai ser o noso labor para superar as asignaturas que esta cidade ten pendentes.

Etiquetas: , , , , , , ,

2 Respostas a “Un curso no que Vigo se xoga moito”

  1. Gregorio Lopez Soriano comentou:

    NO es el camino, señor.
    NO es el camino.
    Es un hecho que debe tener continuamente presente todo el que lea las declaraciones del concejal Santi Domínguez; que con frecuencia confunde la política y los ciudadanos con un producto comercial cualquiera; de ahí, en todas las exposiciones del “político nacionalista” nos encontremos con la frecuencia paradoja, la extravagancia verbal, a veces aun en la aparente blasfemia.
    Señor concejal; el poder político es una herramienta para transforma la realidad social.
    Por ahora, pues, debemos ser pacientes con tus excentricidades a la hora de describir un orden de experiencia en términos de un sistema de símbolos; siempre es bueno conservar la memoria y aplicar el olfato político.
    El mundo, según aparece al sentido común consiste en un número indefinido de acontecimientos sucesivos y cuando quiera que, por la razón que sea, solucionar los conflictos laborales; nos encontramos con que sus asesores no presentan el sentido común.
    El camino no es la humillación de los sindicalistas señor Domínguez.
    Para describir, negociar, discutir y manejar este universo del sentido común, se han desarrollado los lenguajes.
    Solo hay que tener VOLUNTAD.

    ———–

    RESPOSTA

    Aprezado Gregorio:

    Sinceiramente, non entendo nada do que vostede expresa neste comentario. Non sei que ten que ver conmigo esas reflexións que fai. Pódolle dicir que desde que inicie a miña vida política nunca fixen nada para humillar a ningún sindicalista, como vostede insinúa. Dígollo con toda humildade e sen acritude, pero ninguén me vai a dar leccións do que é a loita polos dereitos dos traballadores e traballadoras, porque o veño defendendo desde as miñas responsabilidades políticas e antes como representante sindical. Pediríalle que se informase ben sobre a miña traxectoria e das cuestións que veladamente me atribúe.

    Un saúdo.

  2. Leonardo comentou:

    Estimado Santi:
    O motivo desta carta non é outro que o de expresarte a miña máis sentida decepción pola noticia que aparece hoxe recollida no Faro de Vigo. A noticia en cuestión é a referida ó plan urbanístico que se pretende realizar na fábrica de conservas Alfageme. Cómo é posible que se pretenda urbanizar nun solar no que se ubica un dos edificios máis importantes da arquitectura industrial viguesa? Non vos chega coa Panificadora, o edificio de CasaMar, a Metalúrxica, a fábrica de Álvarez,…? Cando pensades mirar polos intereses dos cidadáns? Xa basta de que se enriquezcan os de sempre. Os vigueses queremos que se fagan políticas para mellorar a vida dos cidadáns e non para encher os cartos duns poucos. Espero que os políticos deixedes de facer demagoxia e miredes un pouco pola calidade de vida dos vigueses.

    ———-

    RESPOSTA

    Aprezado Leonardo:

    O convenio ao que vostede fai referenza non é como parece que deixa entrever ningún tipo de recalificación, nin de pelotazo urbanístico. Trátase de dar solución a unha empresa da cidade e aos seus traballadores. Eso foi o que o BNG, desde o inicio da tramitación do PXOM, tentou facer. Houbo moitas conversas cos propietarios para garantir o futuro desta empresa. Actualmente correspóndelle aos responsables de Urbanismo chegar a un acordo para que o que a empresa contempla como un plan de viabilidade dos postos de traballo chegue a bo porto.

    Un saúdo.

Deixa o teu comentario


Pechar
E-mail It