Comentarios en: O Casco Vello

Por: Erasmo
Santi pides moito…!

E para pedir tanto compre dar moito tamén…!

Estiven vendo o programa sobre este tema na tv local L7 e sinto decirte que NON vin nada concreto por ningún lado.

Unha de dúas: ou o plano de recuperación do Casco Vello é algo segredo por motivos que só ti coñeces… ou a INFORMACIÓNnon está a chegarlle á cidadanía -coma sempre- que falan dous políticos e tedes esa santa manía de pasarvos media hora botando frores do pasado!

Queremos saber qué se vai facer? Cómo se vai pagar?Para quen van ser as axudas se chega a habelas…?

Que servizos se van incorporar ó barrio e con que prazos…?

Se despois as cousas se retrasan calquera pode comprendelo -agás os políticos- pero para pedir COMPLICIDADE temos dereito a saber onde nos metemos?  Non cres?

Saúdos e ogallá as cousas empecen a coller outro rumbo !

RESPOSTA

Aprezado Erasmo:

A concreción está primeiro nos orzamentos, tanto nos do Concello de Vigo como nos do Consorcio do Casco Vello, que este ano son os máis altos en investimentos para o Casco Vello. Dos orzamentos do Concello hai máis de 3 millóns de euros para actuacións no barrio, desde medidas de dinamización do comercio ata obras de humanizacións de rúas; mentras que o Consorcio terá un total de 7.413.500 euros, dos que o 83% están destinados a investimento real para a compra de novos inmobles e a rehabilitación efectiva dos que xa están en propiedade. Este ano en total, imos iniciar a rehabilitación de 11 edificios, cunha superficie construída de 3.332 metros cadrados, dos que resultarán un total de 6 locais comerciais e 32 vivendas protexidas que se ofertarán preferentemente en aluguer. Ademais do investimento destinado a rehabilitación destes 11 edificios, que ascende a un total de 3,10 millóns de euros, o orzamento deste ano reserva unha partida de 2,5 millóns de euros para continuar coa compra de novos inmobles.  (3.000 metros cadrados, arredor de 10 novos edificios)

Evidentemente nos se vai facer en menos dun ano o que non se fixo ata o de agora, pero por poñer só algún exemplo concreto direiche que xa está en marcha un programa de limpeza de pintadas no Casco Vello ou que estamos a piques de poñer en marcha un programa dos “coidadores de barrio”. Son só dúas das iniciativas novas, que se suman ao proceso de continaur mercando vivendas e ao inicio das primeiras rehabilitacións por parte do Consorcio.

As cousas xa levan outro rumbo, o que lle demos cando chegamos ao goberno e fixamos a nosa prioridade no Casco Vello. O que teño moi claro é que a planificación que temos tanto eu como a conselleira de Vivenda non vai cambiar por un programa de televisión.

Unha aperta.