Un soño
Era o ano 1999 cando empecei a soñar. Soñaba con que a miña cidade acollera un gran evento deportivo, que fora un elemento dinamizador do noso deporte, pero tamén supuxera o impulso necesario para a consecuención de máis e mellores infraestruturas. Ese ano celebrábase en Mallorca a Universiada de Verán. Eu asistía con certa envexa, teño que recoñecelo, a aquel espectáculo e pensaba ¿por que non?, ¿por que non en Vigo?
Esa idea foi agromando na miña cabeza e empezou a tomar forma cando un goberno presidido polo BNG iniciou a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Na memoria inicial daquel documento xa se recollía a necesidade de que Vigo puidera organizar un evento deportivo de alto nivel internacional e mencionabase expresamente a Universiada. Con ese obxectivo reservouse espazo para a construción da Cidade do Deporte, elemento que é hoxe clave no noso proxecto de candidatura. Foi tamén por aquel entón cando e empezamos a recabar información sobre a celebración da Universiada en Mallorca.
O soño foi collendo forza é xa no programa electoral co que nos presentamos ás eleccións do ano 2003 aparecía como un compromiso do BNG que Vigo fora candidata a sede dunha Universiada. Daquela non tivemos opción a poder poñer en marcha esta iniciativa, pero eu seguía soñando. E novamente incluimos ese proxecto no programa co que nos presentamos ás últimas eleccións municipais. Desta vez si tivemos ocasión de asumir o reto e desde o primeiro momento empezamos a traballar para dar forma a ese soño.
Foron meses de moito traballo, pero o día 11 de marzo tivo a súa primeira recompensa coa elección de Vigo como candidata do Estado español á organización da Universiada 2013. Quero aproveitar este espazo para agradecer toda a colaboración que teño atopado nesta andaina que iniciamos hai seis meses. Sen a implicación neste proxecto de todas as institucións, o mundo do deporte, ás entidades, os colectivos empresariais, sociais, sindicais e veciñais sería moi difícil que hoxe poidéramos celebrar o noso primeiro éxito.
Pero eu sigo soñando. Agora entramos xa na recta final. Empregando un simil futbolístico podemos decir que conseguimos clasificarnos para a Champions e agora temos que loitar por gañar esa competición. É un reto difícil, pero estou certo de que non é imposible. Co respaldo dos vigueses e viguesas seremos quen de demostrar que Vigo é a mellor candidata para albergar unha competición que en número de participantes só supera unhas Olimpiadas.
Desde o 11 de marzo soño cun Balaídos reformado acollendo a cerimonia inaugural da Universiada en xullo de 2013. Soño cunha Vila Universitaria acollendo aos 10.000 deportistas universitarios de 170 países que encherán a nosa cidade. Soño con 5.000 voluntarios, mozos e mozas, como a mellor imaxen do que somos. Soño con deportistas galegos e galegas subindo ao alto do podio.
Soño e continúo soñando e agardo que todos e todas soñedes conmigo….
Etiquetas: candidatura, deporte, Universiada, Universidade, Vigo

13 de Xuño do 2008 ás 3:33 pm
nOrabOa santi pOlo teu traballO,,estOu mOii OrgullOsa pOr ti de verdade..!!
O teu traballO O fas mOii mOii ben…mereceste tOdO e mais…Olviidate deses Q che falan mal…pOr Que a unica realidade é Que nOn teñen nin idea…!!
este anO no puidO ser a universiada perO estOu segura Q para o anO 2015 O imOs cOnseguiir..!! mOii segura…temOs estOs anOs Que quedan para o 2015 darnOs a cOñecer ,, a cOñecer a nOsa maravillOsa cidade…Que ti tantO apreciaS…e tantO das pOr esta fermOsa cidade…
mOiitaS grazas pOlo teu traballO…!!
cOiidate E nOn deixes xamaS Que mOiitOs pandrongOs te ensucien O teu fermOsO traballO…*
e nOn deixeS xamas de sOñar..!!
1biko
——–
RESPOSTA
Benquerida Xiana:
Moitísimas grazas polo teu cariñoso apoio e polos teus ánimos. Podes estar segura de que vou a seguir traballando coas mesmas ganas e ilusión para que xente coma ti teñades un futuro mellor.
Un bico forte.
6 de Xuño do 2008 ás 11:49 am
Aprezado Santiago:
Isto é pluralidade en estado puro; realmente, non agardaba outra cousa.
Lamento profundamente que Vigo non conseguise a Universidada 2013, inda que fago balance positivo da experiencia, xa que se acadou un grao de participación e unidade nunca visto na cidade, alo menos polo que suscribe.
Despois de tantos anos de fricción social, amparada pola constante conflitividade política, é unha experiencia moi gratificante sentir que os cidadáns de Vigo diriximos ao unísono os nosos pulos para un ben común da cidade.
Agora hai que manter como sexa esta forza común, non permitir que fenezan os lazos de solidaridade e de implicación social coas políticas públicas dos vigueses.
Toca reflexionar para valorar correctamente o resultado, e desenrolar novas ilusións que manteñan unido o espírito da cidade para bogar coa súa forza ata o novo reto para 2015.
Vigo, pese a todo, está de noraboa.
———–
RESPOSTA
Aprezado Martín:
Moitas grazas polo teu apoio. Eu tamén penso que pagou a pena intentanlo porque aínda sen conseguir o obxectivo final esta cidade ten conseguido moito neste intento. A proxección exterior de Vigo, a unidade de acción que fomos quen de acadar ou o retorno económico que xa se ten producido polo feito de termonos presentados son fitos importantes que debemos á Universiada. Agora, como ben di, é o momento da reflexión. Nese proceso estamos e será despois do verán cando reuniremos á Plataforma Cidadá de Apoio á Universiada para presentarlle o balance do feito e decidir con eles cal debe ser o camiño a seguir, que eu agardo que sexa loitar polo 2015.
Unha forte aperta.
2 de Xuño do 2008 ás 3:31 pm
Um evento especulativo para beneficiar a uns poucos, que nada bom representa para o povo viguês. Alegro-me de que nom ganhara o teu sonho, que em todo caso nom ias pagar ti, senom que ia sair do peto de milheiros de pessoas que madrugam e trabalham arreo para poder comer e pagar um sítio no que viver. Vivides num mundo à parte.
————
RESPOSTA
Aprezada Ania:
A que lle chama vostede especulación? A intentar conseguir que Vigo poda proxectar unha imaxe de cidade moderna, dinámica e con capacidade ao resto do mundo? É especulación tratar de conseguir a través dun evento que os nosos fillos e fillas teñan mellores instalacións deportivas, conseguir que a nosa Universidade sexa un referente mundial, que os nosos estudantes podan sentirse orgullosos de participar nun evento deportivo mundial? É especulación tratar de conseguir a través dun envento que en Vigo se aceleren todas as infraestruturas que hai anos vimos demandando? Os cartos que pode constar a Universiada non só os vai pagar Vigo, senon tamén outras administracións como a Xunta ou o Estado, pero os beneficiarios directos deses investimentos si serán todas esas persoas que coma vostede di madrugan e traballan a reo e, sobre todo, queren unha cidade onde se poda vivir mellor.
Un saúdo.
1 de Xuño do 2008 ás 11:12 pm
Despois de tanta publicidade e tanta parafernalia a Universiada non se vai realizar en Vigo. Despois de tódolos gastos que fixestes e que a cidadanía descoñece ainda queredes volver a presentarvos no 2015. Santi, permíteme darche un consello: déixate de proxectos emblemáticos cos que engatusar ós cidadáns e céntrate nas cousas que realmente importan nesta cidade. De nada, un saúdo.
——-
RESPOSTA
Aprezado Eduardo:
Lamento dicirlle que a súa opinión me parece bastante demagóxica. Efectivamente esta cidade precisa que traballemos para que teña os mellores servizos, para que os vigueses e as viguesas sexan atendidos nas súas demandas, pero iso non é obstáculo para que desde Vigo traballemos tamén en proxecto ambiciosos que nos coloquen no mapa internacional e que nos proxecten no mundo enteiro. Non podemos ser raquíticos a hora de poñer enriba da mesa retos para o futuro. Os cartos que se empregaron no proxecto de candidatura para a Universiada son públicos, en contra do que vostede di. Foron aprobados con absoluta transparencia nunha xunta de goberno local e no pleno da corporación co apoio de todos os grupos políticos. Direille que foron arredor de un millón de euros, que de conseguir Vigo a Universiada terían un retorno económico en investimentos e cartos dun 1.200 millóns de euros. Toda a aposta pola Universiada non deixou de ser un investimento para o futuro desta cidade. O certo que a peor xestión é a que non se intenta. Non debe ser tan malo isto da Universiada cando cidades como Belgrado, Bankogk, Hamburgo, Quebec… foron sedes, vano ser ou apostan por selo.
Un saúdo.
1 de Xuño do 2008 ás 1:29 am
Unha mágoa o da Universiada,de verdade que si.De tódolos xeitos,noraboa polo teu traballo Santi.Estou orguioso.Parece que es o único que move un dedo nesta cidade ingobernable.Pero teño unha dúbida.E agora que vai pasar co novo Balaídos?O noso estadio está feito unha merda.Temos moitisimos exemplos de cidades reformando ou construindo novos estadios.Cádiz,Espanyol,Murcia,Alavés,Athletic,Córdoba,Oviedo…o Deportivo fixo non fai moito unha reforma en Riazor.Ata en Pontevedra estan facendo un novo estadio!!que lles vai custar 15 millóns de Euros.Por favor,non máis largas,fai falla unha solución.
Un saúdo
————-
RESPOSTA
Aprezado Víctor:
Grazas polos teus parabéns. Penso que se fixo un traballo moi importante para a proxección da cidade e tamén para sentar as bases do que temos que facer de cara ao 2015. Unha das cuestións nas que teremos que avanzar é precisamente en ir concretando os proxectos de infraestruturas que presentamos como a Cidade do Deporte ou a remodelación do estadio de Balaídos. Independentemente de que conseguiramos a Universiada ou non, son proxectos que teñen que continuar porque a cidade os demanda. O que imos facer é acelerar todo o que poidamos esas actuacións coa redaccións dos proxectos como primeiro paso. Podes ter por certo que Balaídos vaise reformar, con Universiada ou sen ela, que Vigo terá unha piscina olímpica na Cidade do Deporte, con Universiada ou sen ele, ou que a cidade terá un novo pavillón central con Universiada ou sen ela.
Un saúdo.
7 de Maio do 2008 ás 5:06 pm
Santi, non podo mais que comezar o meu comentario felicitandote pola maneira que tes de xestionar este o teu blog. E un magoa que o resto de membros da túa organización, comezando pola sr Davila, exerza unha ferrea censura nos comentarios que deixamos nos seu blogues cando se mentan temas que non son do seu agrado. Ainda que sexamos escrupulosos no trato que lle damos.
No que toca ao tema do teu post. Pensas que faltou compromiso por parte do PSOE, e principalmente, polo alcalde Caballero, para promocionar mellor a candidatura? Non ves certa falta de entusiasmo nosteus socios de gobernoá hora de apoiar o teu explendido traballo?
———-
RESPOSTA
Aprezado Ismael:
O proxecto da Universiada e un proxecto de toda a cidade e penso sinceiramente que o máis importante é que aquí non houbo ningún tipo de dúbida por parte de ningunha das forzas políticas en apoialo. Non teño eu que calificar o maior ou menor entusiasmo de cada quen. O que si podo dicir é que a Universiada é un proxecto asumido por todo o Goberno, e que tanto o alcalde como os demais concelleiros e concelleiras socialistas están tamén involucrados nel.
Unha aperta.
27 de Abril do 2008 ás 11:49 pm
MUCHA UNIVERSIADA Y LA EMPRESA QUE METISTE TU Y TU AMIGO CHEMA DEL PP EN LAS PISCINAS ESTAFANDO AL PUEBLO DE VIGO, PAGA TARDE Y MAL A LOS TRABAJADORES Y LE DISTEIS UNA CONCESION POR 50 AÑOS!! MENUDA PANDILLA DE SINVERGUENZAS.
————-
RESPOSTA
Aprezado Buga:
Sinto ter que che dicir que estás equivocado nas túas afirmacións. A empresa que actualmente xestiona as piscinas municipais non foi adxudicada por min, nin por ningún do BNG. Cando eu era concelleiro de Deportes era outra a empresa que se encargaba diso. Penso que antes de empregar este tipo de calificativos que usas deberías informarte mellor.
Un saúdo.
3 de Abril do 2008 ás 12:10 am
¿DEBE VOTAR EL BNG A ZAPATERO?
VOLTAIRE-VIGO (La corrupción que nos invade)
Para empezar, no se muy bien que pintan (O sí lo sé) los nacionalistas ó naciona-listos en el Parlamento español? Se pasan la vida despotricando contra el “ESTADO OPRESOR” y a la vista de los resultados obtenidos, que mejor que centrar sus esfuerzos en casa…
Pero como esto aun cuando parezca una barbaridad, es un PAÍS DE JAUJA, donde dos escaños en el parlamento de Madrid, pueden por el ARTE DE LA DESVERGÜENZA, del chanchullo, el trapicheo y la mentira, tener mucho mas peso que el que obtuvo 150, pues es natural, que los nuevos SALVADORES DE LA PATRIA, hagan el “tremendo” sacrificio de presentarse en Madrid para salvar A GALIZA.
Esta es una especie, que se creen con la VERDAD ABSOLUTA y da la impresión al oírles hablar, que no hay en Madrid mas diputados que los dos del BNG para defender a Galicia. Además es que el partido que Gobierna, tiene la obligación política y moral de GOBERNAR PARA TODOS LOS CIUDADANOS y si no lo hace, es donde la oposición TODA, tiene que ejercer su papel en defensa de las zonas o provincias menos favorecidas. ¿Es que acaso el Gobierno centralista francés, solo gobierna para los parisinos? O en Portugal, lo hacen solo en Lisboa?
Cierto es que para la gran mayoría de los ciudadanos, de los 350 diputados, del Parlamento español, no conocen a una docena de “sus señorías” porque entre fantasmas, señorítos , vagos y ausentes, PARA 50 QUE TRABAJAN, EL RESTO SOBRABA, es más, a algunos no los conocen ni en su pueblo, dado el sistema de LISTAS CERRADAS en las que solo entran los “amigos” del líder de turno, pero como hay muchas bocas que alimentar, hay que apechugar y seguir manteniéndolos. Ese, es otro debate.
¿Qué debe hacer el BNG en la elección del Presidente? ¡¡ESTAREMOS TODOS LOCOS!! Sí Gobiernan o mal gobiernan la Xunta de Galicia, sí son socios en el reparto del “BOTIN” de los ayuntamientos gallegos con el mismo partido por el que se presenta el Sr. Zapatero, lo normal es que le voten a favor, digo yo… O es que resulta que el partido socialista de Galicia es diferente al del resto del Estado? ¿Es que acaso los acuerdos con el BNG no los decide en Madrid, el mismísimo PEPE BLANCO futuro VARÓN DEL PSG?
Lo que sucede es que el COCHE OFICIAL, el poder, los sueldazos, las prebendas, los chanchullos etc.etc. Necesitan de estos PARIPES, PARA TENER ENGATUSADOS A SUS ELECTORES… Pobriños.
¡¡LISTA ABIERTAS Y DOBLE VUELTA ELECTORAL!!
Mientras tanto, VOTA EN BLANCO
————
RESPOSTA
Aprezado Voltaire:
Simplemente vou referirme a datos obxectivos. Dende que o BNG ten representación en Madrid no Parlamento do Estado se fala de Galiza. Dende que temos incidencia no Goberno do Estado os investimentos para Galiza teñen medrado como non o fixeron antes. Dende que decidimos en Madrid, Galiza e Vigo, teñen representantes que están aquí, en contacto cos problemas e necesidades dos galegos e as galegas, e os trasladan a onde se lle debe dar solución. ¿Que teñen feito ao longo da historia os deputados e deputadas das formacións estatais, que só aparecen a pedir o voto cando chegan as eleccións?
Os nacionalistas, e máis os nacionalistas galegos, somos unha peza clave si queremos que Galiza teña o que lle corresponde e se sitúe ao mesmo nivel que Cataluña e Euskadi.
Grazas polo teu comentario. Un saúdo.
19 de Marzo do 2008 ás 3:48 pm
Hola Santiago Dominguez,
Yo tambien vine 1999 en Vigo con un sueño.Tenia sueño de volver mi muyer(ex) en su tierra y vivir como todo mundo,trabajando y divertiendose.Se jodio,bueno ,esto no es tu problema,mio ahora tampoco.
Problema de este ciudad es de no saber que quierer.Tienes tantas cosas bonitas a ofrecer,vender.Pero vosotros gastas mas tiempo a malpresentar losotros que bien poner vosotros.
Tienes casitas para turistas y pocos o nadie habla idiomas en ellas.
Para mi Vigo es un punto mundial,pero mientras vosotros tienes cabeza provincial
no va moverse un milimetro adelante.
Una ciudad que recoje mas grandes cruzeros de mundo pone informacion turistica solo en gallego.
Mira don Santi,Galicia(tanto que la quieres,yo tambien),no es colmo de mundo.
ABRIR ESPIRITU Y NO SOLAMENTE ABRIR VIGO AL MAR.
ABRIR ESPIRITU AL MUNDO.MUNDO RESPONDE.
VIGO ES UNICUM,APROVECHALO.
Saludos de un Bosnio enamorado de Vigo.San Francisco es buena copia de VIGO.
————–
RESPOSTA
Amigo Enco:
Vigo en particular en Galiza en xeral foron e son terras de apertura e acolledoras coas miran ben amplas. A nos historia así o demostra. Creo que iso de que non sabemos onde imos é un tópico máis que unha realidade. Por suposto que temos cousas moi fermosas e tamén é certo que aínda hai moito camiño que percorrer para dalas a coñecer, pero creo que estase traballando na boa dirección. A respecto da información turística, podo dicírche que en calquera das oficinas de turismo da nosa cidade poderás atopar información da cidade en inglés, francés, alemán e outros idiomas. O feito puntual de que se poña unha sinal sobre as Illas Cíes en galego non creo que sexa impedimento para ninguén que nos visite.
Un saúdo.
17 de Marzo do 2008 ás 4:26 pm
Todo Vigo ten que sentirse orguioso,
………..e agradecido………agradecido en especial a ti, Santi.
Moitas Grazas!
——
RESPOSTA
Amigo Pablo,
Moitas grazas a ti. Este logro é o esforzo e o traballo dun gran equipo que creu firmemente na capacidade da nosa cidade. Agora temos que seguir traballando para acadar o obxectivo final. Estou certo de que co respaldo de toda a cidadanía seremos quen de logralo.
Unha aperta.
15 de Marzo do 2008 ás 2:05 am
Moitos empezamos no 1999 ese sono, e pelexamos por el durante todo este tempo na medida das nosas posibilidades… Enhoraboa por un traballo ben feito. Vámolo conseguir.
Unha aperta, Santi
——-
RESPOSTA
Amigo Pablo,
Agardo que podamos ver cumprido ese sono. Moitas grazas polo teu apoio.
Unha forte aperta.