2008, o ano dun Vigo imparable
Cando empeza un novo ano é o momento de deterse un anaco e marcarse obxectivos. Temos por diante doce meses que dan para moito e este ano, aínda máis, porque o 2008 trae un día de agasallo. A nivel persoal cada un de nós facemos unha lista de bos propósitos e establecemos as nosas prioridades. Cando se teñen responsabilidades de goberno é obrigado tamén facelo así para asegurar unha boa xestión e rachar coa improvisación.
Deixamos atrás seis meses de goberno no que desde as nosas áreas, ademais de iniciar xa algúns proxectos, adicámonos a planificar a acción de goberno que imos desenvolver dagora en diante. Na campaña insistín moito na necesidade de que esta cidade precisaba rematar coa política de parcheo e tiña que deixar de moverse por impulsos. Foi por iso que quixemos aproveitar este tempo para definir o camiño que imos percorrer nos vindeiros anos. Ese traballo xa está feito e chega o momento de empezar esa andaina con paso firme.
O 2008 ten que ser o ano no que a nosa cidade fixe ou seu rumbo; ten que ser o ano no que se faga realidade o impulso definitivo que Vigo precisa para competir en pé de igualdade coas principais cidades do mundo; ten que ser o ano no que se avance de xeito decidido nas políticas de igualdade; ten que ser o ano de progresar na mellora do benestar dos vigueses e as viguesas; ten que ser o ano no que Vigo conte cunha programación cultural municipal de calidade e para todos os públicos; ten que ser o ano no que sexamos quen de achegar a práctica deportiva a toda a cidadanía e a nosa candidatura á Universiada triunfe; ten que ser o ano no que se empece a facer realidade, por fin, a recuperación do Casco Vello; ten que ser o ano no que os mozos e mozas atopen na súa cidade máis e mellores oportunidades. Ten que ser, en definitiva, o ano dun Vigo imparable.
Etiquetas: benestar, Casco Vello, igualdade, mocidade, Universiada, Vigo

30 de Maio do 2008 ás 3:49 pm
Un año imparable, de ninguneo por parte del Sr. Alcalde que es el que os maneja y el que hace de su capa lo que quiere con vuestra querida anuencia , que os viene bien para seguir chupando de la teta, y mientras pasan los meses y a vivir de la cosa pública, menos filosofía y más realidades, que sean eficiente y además eficaces.
————
RESPOSTA
Aprezado José Carlos:
Lamento que teña vostede esa visión do que o BNG está facendo no goberno da cidade. Creo que o que estamos facendo é traballar por esta cidade, poñendo en marcha moitas iniciativas que estaban paradas e realizando un traballo que está centrado en mellorar a calidade de vida dos vigueses e das viguesas. Eu non ocupo ningún cargo para “chupar” coma vostede di, senon para traballar por esta cidade e así o seguirei a facer. Hai algo que a vostede se lle esquece, que foron os cidadáns e as cidadás as que nos puxeron democraticamente onde estamos e serán eles os que valorando o noso traballo decidirán se temos que seguir ou non.
Un saúdo.